Observatorio de denuncias de torturas, abusos, coacciones, casos de corrupción, violaciones, asesinatos y otros crímenes cometidos por el sistema.

viernes, 22 de noviembre de 2013

El abogado vigués Gustavo García que lleva la causa de las víctimas del franquismo denuncia que los robos de que fue acusado 'non se produjeron''

Nun escrito dirixido ao xulgado de instrución nº3 de Vigo, o letrado dá por acreditado que os bens supostamente substraídos dun vehículo eran seus. Foi acusado deste delito uns días despois de que uns descoñecidos entraran no seu despacho para inzalo de ameazas e pintadas fascistas. Ficou retido 30 horas en que, segundo denuncia, sufriu "tortura e maltrato psicolóxico extremo".

Nun escrito dirixido ao xulgado de instrución nº3 de Vigo, o avogado Gustavo García solicitou a devolución de todas as pertenzas que lle foron incautadas na fin de semana --o domingo día 17-- após ser detido pola policía acusado de roubar en dous vehículos. García denunciou que os delitos de que foi acusado "nin sequera se chegaron a producir" e achegou, di, "os medios de proba" que demostrarían que os bens eran da súa propiedade.

Os feitos producíronse cando o letrado se dispuña a tomar un voo para viaxar a Berlín e, segundo el declarou, saíu á porta do aeroporto fumar. Nese momento prendeuno a policía porque axexaba no interior dun carro aparcado, a través da xanela, que estaba rota. García recoñeceu estar a ollar, mais negou en todo momento os delitos que se lle imputaban: dous roubos e a tentativa de utilización indebida dun vehículo. Solicitou o habeas corpus --a posta inmediata a disposición xudicial--, mais foille denegado e devolvérono ao calabozo da comisaría viguesa. 

Segundo consta no escrito remitido ao xulgado, o avogado ficou retido alí "nun calabozo de 2x2" por volta de 30 horas durante as cales tería sufrido "torturas e maltrato psicolóxico extremo". Gustavo García achega "medios de proba" para ratificar que os sete obxectos supostamente substraídos deses dous vehículos --un teléfono móbil, dúas tarxetas SIM, dúas medallas e dúas moedas-- son da súa propiedade.

A explicación dos sete obxectos incautados, un a un

Así, sempre segundo consta no escrito, achegou o recibo de pagamento do móbil, mercado por el propio ao día seguinte de que uns descoñecidos entraran no seu despacho para o inzar de pintadas fascistas e ameazas; unha das medallas corresponde coa Medalla de ouro do Parlamento Kurdo no exilio, que lle foi concedida en 1999 nun acto que, dixo, está rexistrado en vídeo.

As tarxetas SIM estarían rexistradas a seu nome e ao da súa filla; a outra medalla, da virxe de Lourdes, sería un recordo da súa avoa "e poderá confirmalo calquera dos sete fillos que aínda viven", un deles o vicepresidente do Real Madrid Fernando Fernandez Tapias; e as dúas moedas farían parte dunha colección, pois o letrado practica a numismática.

O ataque ao seu despacho, relacionado cos crimes da ditadura

Após sinalar o delegado do Goberno español na Galiza, Samuel Juárez, que o ataque ao despacho do avogado non podía vincularse a grupos fascistas, Gustavo García rexeita no seu escrito que o acontecido fora "unha montaxe" e denuncia as insinuacións de que foi el propio quen fixo as pintadas e causou os desperfectos. 

Moi ao contrario, insiste en que os feitos teñen a ver co seu traballo en prol da memoria histórica e de denuncia dos crimes cometidos durante a dictadura franquista. Nomeadamente, hai 15 días que Arxentina ordenou a extradición do policía franquista Luís Antonio González Pacheco --coñecido como Billi o Neno pola maneira en que practica os interrogatorios-- e doutros tres xenocidas. A Audiencia Nacional española teríase negado á extradición, en virtude da Lei de Amnistía de 1978.

No hay comentarios:

Publicar un comentario